Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

A Tripla Alianza

11 - Setembro

11 sO 11 de setembro  de 1923, o día da Diada, asínase o documento fundacional da coñecida como Tripla Alianza no Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria de Barcelona. Este será o primeiro paso da alianza política entre galegos, vascos e cataláns, alianza que asinarán Acció Catalana, Federatio Nacionalista, e Unió Catalanista, as  Irmandades da Fala e Irmandade Nazonalista Galega, e o Partido Nacionalista Vasco. Pouco tempo despois sumaríase Estat Catalá. Esta alianza non se chegaría a  desenvolver polo Golpe militar de Primo de Rivera. No mes de xullo de 1933, dez  anos despois, vascos e cataláns viaxarán a Galiza para de formalizar, o Día da Patria Galega, o que se chamará Pacto de Compostela ou Galeuzca,  anagrama que integraba as siglas abreviadas das tres nacionalidades, e que nacía para  coordinar con carácter  permanente as actividades patrióticas das tres nacionalidades. O documento fundacional asinouse nos locais do Seminario de Estudos Galegos a partir dun texto de Alexandre Bóveda. Foi asinado polas organizacións xuvenís Palestra e Ultreya e as estruturas partidarias PG, PNV, ERC e UDC. Outras,  como é o caso de ANV, ao non teren realizada a viaxe a Galiza asinarían máis tarde.

Details

Date:
11 - Setembro