Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

A Nosa Terra

4 - Agosto.00:00.23:59

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on of Agosto, repeating indefinitely

4a4 de agosto de 1907 comeza a  publicación do xornal A Nosa Terra, o que sería o voceiro das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. Apareceu o 4 de agosto de 1907 como voceiro de Solidariedade Gallega, saíndo un total de 60 números. Nesta primeira etapa foi unha publicación bilingüe. O primeiro número da segunda etapa sae o 14 de novembro de 1916 na Coruña, conta con oito páxinas e está baixo a dirección Xosé Iglesias Roura. Antón Villar Ponte sería o seguinte director e a partir da IV Asemblea das Irmandades da Fala en 1922 será Víctor Casas quen leve a dirección. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, convértese no seu voceiro oficial e traslada a redacción da Coruña a Pontevedra. En xuño de 1933 déixase de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras. A Nosa Terra editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do galeguismo. O 17 de xullo de 1936 sae o último número. A represión franquista fixo do xornal un dos seus obxectivos, sendo fusilados, entre outros, o seu editor Ánxel Casal, e o seu director na época, Víctor Casas.

Detalles

Data:
4 - Agosto
Hora:
00:00.23:59