Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

A Monteira

5 - Outubro

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 5 of Outubro, repeating indefinitely

5oO 5 de outubro de 1889 publícase en Lugo o primeiro número do semanario A Monteira, semanario redactado integramente en galego. Levaba por subtítulo Somanario de Intreses Rexionales e Literatura. Fundado e dirixido por Amador Montenegro Saavedra mantivo un indiscutible compromiso coa lingua e mostrou un apoio expreso á ideoloxía rexionalista. Nas oito páxinas do semanario os temas literarios ocupaban un lugar destacado, especialmente a poesía. O número 35 do 31 de maio de 1890 incluíu o poema Os Pinos de Eduardo Pondal, composto para o Certame Musical que se celebraría en agosto dese ano na Coruña, e que será a base da letra do himno. En A Monteira, ademais da publicidade, apareceu a primeira necrolóxica en galego. Deixa de publicarse o 27 de decembro de 1890 co número 65.

Detalles

Data:
5 - Outubro