Loading Events

« All Events

A Fuliada

26 - Xullo

O 26 fuliadade xullo de 1888  desaparece  A Fuliada,  revista editada na Coruña. En marzo de 1887 e a xeito de continuación de O Antroido, apareceu en Betanzos A Fuliada.  A aparición na Coruña algúns meses despois, febreiro de 1888, dunha nova revista con  idéntico título pode explicarse seguramente polo feito de tanto o director, Ángel Vázquez Taboada,  como A. Amenedo Ponte, o editor da revista betanceira, se instalaren na Coruña. Aínda así A Fuliada da Coruña  non é  unha continuación da de Betanzos, pois dende o principio apareceu cunha numeración independente. O seu título completo foi: A Fuliada ou zanfona semanal d’alegrias ou de bágoas segun qu’o pobo gallego s’adivirte, canta ou laya, e saía os xoves de cada semana.
A Fuliada tiña  unha orientación literaria mais tamén de crónica de actualidade.  Igual criticaba as desigualdades sociais que denunciaba  a situación dos labregos ou criticaba os desleigados que desprezaban o idioma propio do país.

Details

Date:
26 - Xullo