Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

A fotografía até1936

5 - Xaneiro

As primeiras noticias que temos sobre a actividade fotográfica en Galiza son de 1843 con Enrique Luard Falconier quen trae de París o daguerrotipo co que comezará  a facer retratos por 50 reais nun pequeno cuarto da rúa Santo André da Coruña. Mais o primeiro caso dun galego con estudio fotográfico de quen se ten noticia é o do compostelán Andrés Cisneros.

Desde mediados do século XIX Galiza contará con tres tipos de fotógrafos, os profesionais con estudio, os ambulantes e os afeccionados. Algúns fotógrafos de estudio combinaban o seu traballo de gabinete con desprazamentos ofrecendo os seus servizos de xeito ambulante. Na década de 1870 todas as cidades galegas contarán con fotógrafos e nos oitenta aparecen xa fotógrafos profesionais cunha importante obra. Entre eles estarán José Sellier, Felipe Prosperi, Francisco Prieto, Francisco Zagala e Manuel Chicharro Bisi. O 7 de xaneiro de 1893 na revista Extracto de Literatura  publicarase a primeira fotografía. En 1897 na revista Galicia Moderna aparecerán as primeiras fotografías publicitarias. Inicíciase o século XX cun incremento de traballos fotográficos e coa aparición de novos estudios. Entre os máis importantes estaban os de Pacheco, Llanos, Ksado , Sarabia e Gil en Vigo; Pintos e Barreiro en Pontevedra; Ksado, Chicharro, Guerra e Almeida en Santiago; Pacheco, Schreck e Villar en Ourense; Ferrer, Blanco, Samaniego, Buch e Portela na Coruña; Pascual Rey e Bernardino Rodriguez en Ferrol, Lamela, C. Rodriguez en Lugo e Ramón Caamaño na Costa da Morte. A mellora na reprodución fotográfica leva á aparición das revistas gráficas, revistas en que participarán moitos dos fotógrafos profesionais, mais levará fundamentalmente á aparición das postais. Neste campo é destacable a enorme obra postal do fotógrafo coruñés Pedro Ferrer.

Como fotógrafos afeccionados, entendido como o uso da  fotografía esencialmente como un medio de expresión artística, encontramos a Pedro Brey e José María Massó, pero sobre todo a José Suárez.

A chegada da guerra acaba cos proxectos que se estaban facendo ou iniciando, mesmo os fotógrafos chegarían a vender as súas placas e películas para seren recicladas como cristais.

Details

Date:
5 - Xaneiro

Venue