Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

A Academia Galega na Habana

27 - Xuño

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 27 of Xuño, repeating indefinitely

27 de xuño de 1905, celébrase a  Xunta Xeral de Constitución da Asociación  Iniciadora e Protectora da Academia Galega. A idea de crear unha Academia tiña xa un recorrido desde o século XIX , mesmo en 1895 unha Comisión Xestora redactara un regulamento para a creación dunha Academia da Lingua.  O impulso definitivo chegou de Cuba. Na Habana, por iniciativa de José Fontenla Leal, Manuel Curros Enríquez e outros intelectuais galegos, consiguiuse fundar, en xuño de 1905, a Asociación Iniadora y Protectora de la Academia Gallega. A Xunta Xeral de Constitución da citada Asociación ten lugar o 27 de xuño de 1905 nun acto multitudinario en que se nomea a primeira directiva, con  Manuel Curros Enríquez como presidente. O secretario, Nan de Allariz, leu neste acto unha circular que foi enviada a Manuel Murguía para que se establecese en Galiza a Academia reclamada por esta Asociación. O 4 de setembro de 1905, tras unha reunión mantida na Casa do Consulado da Coruña, constitúese a Academia Galega, que tería a súa sede na cidade herculina.

Detalles

Data:
27 - Xuño