Loading Events

« All Events

Ernestina Otero

13 - Febreiro

13 febO 13 de febreiro de 1956 morre en Pontevedra Ernestina Elena Otero Sestelo. Mestra e pedagoga foi unha das primeiras mulleres en obter o título na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid. A partir de 1915 ocupa a praza de Pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra, da que será directora algún tempo No tempo que ocupou este último cargo, leváronse a cabo diversas campañas para o fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a educación de adultos. Colaborou activamente co Seminario de Estudos Galegos e en 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a prol do Estatuto de Autonomía.

Details

Date:
13 - Febreiro