Cargando eventos

« Todos eventos

1º número do xornal A Nosa Terra.

14 - Novembro

14nO 14 de novembro de 1916 sae na Coruña o primeiro número do xornal A Nosa Terra, unha das cabeceiras históricas do nacionalismo galego. Nace como boletín decenal baixo o lema Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal. Unha das características esenciais do voceiro das Irmandades é o monolingüismo en galego, conta con oito páxinas e está baixo a dirección Xosé Iglesias Roura. Antón Vilar Ponte sería o seguinte director e a partir da IV Asemblea das Irmandades da Fala en 1922 será Víctor Casas quen leve a dirección. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, convértese no seu voceiro oficial e traslada a redacción da Coruña a Pontevedra. En xuño de 1933 déixase de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras. A Nosa Terra xogará un papel fundamenta na organización, dinamización e propaganda do nacionalismo galego. No xornal colaborarán a case totalidade da intelectualidade nacionalista do momento encargándose do grafismo, entre outros, Castelao, Álvaro Cebreiro e Camilo Díaz Baliño. O 17 de xullo de 1936 sae o último número. A represión franquista fixo do xornal un dos seus obxectivos, sendo fusilados o seu editor Ánxel Casal e o seu director Víctor Casas.

Detalles

Data:
14 - Novembro