Cargando eventos

« Todos os eventos

1º discurso en galego da posguerra

11 - Novembro

11nA primeira intervención en galego nun acto público de posguerra da que se ten constancia é a de Otero Pedrayo nun acto celebrado o 11 de novembro de 1949 no Posío (Ourense) polo centenario do nacemento de Lamas Carvajal. Faríao ante un auditorio entre o que se atopaban o gobernador, a corporación municipal e outras autoridades falanxistas que, como conta o propio Otero Pedrayo nunha carta ao presidente da Academia, Para resarcirse, al final, inoportunamente y con sorpresa de la gente sensata, cantaron Cara al Sol y dieron los gritos. Aínda que a ditadura franquista non tiña emitido ningunha disposición legal que prohibise o uso do galego en actos públicos este uso si era censurado de feito e mesmo os discursos de ingreso na Real Academia, actos en que estaban presentes ademais dos académicos as autoridades políticas, se facían en castelán. Os discursos de ingresos na Academia de Victoriano Taibo en 1948 e Aquilino Iglesias Alvariño en abril de 1949 serían en galego

Detalles

Data:
11 - Novembro