Loading Events

« All Events

1ª gravación do Himno Galego

19 - Novembro

19nO 19 de novembro de 1918 realízase a 1ª gravación do Himno Galego. En 1907, un 20 de decembro, tiña lugar no Gran Teatro da Habana a primeira interpretación pública e solemne do Himno Galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga. A primeira gravación desa partitura tivo lugar algo máis de dez anos despois e correu a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo que o grava despois de o interpretar na sesión de clausura da Asemblea Nazonalista de Lugo. No disco en que figura o Himno Galego aparecen tamén O bico, do compositor lucense Xoán Montes, e dous cantos populares, a Foliada de Lemos e o Alalá de Monforte. Cantigas e Aturuxos era unha formación en que máis da metade dos seus membros eran mulleres, algo nada frecuente nese momento.

Details

Date:
19 - Novembro